Esta
semana comeza a “desescalada” do confinamento ao que estamos sometidos dende
fai uns cincuenta días. Está organizada por fases nas que pouco a pouco se van recuperando
actividades da vida cotiá. Todo isto fainos ter dubidas de como será a nosa
vida mentres non haxa una vacina contra este virus.
- Cando poderemos ver aos nosos amigos e familiares?
- Como será o comezo do próximo curso?
- Poderemos ir á praia ou de vacacións no verán?
- Saír máis á rúa?
- Sacaran este ano a vacina?
- O verán axudara un pouco á hora de facer máis vulnerable o virus?
- Volver a xogar ao fútbol ou facer outros deportes ou actividades ao aire libre?
- En que momento volverán as ligas deportivas?
- Como van facer para vacinar a toda a poboación mundial?
- Van a fumigar todos os hospitais ou lugares que estiveran en contacto co virus?
- China está encubríndonos a súa creación?
E a máis importante de todas:
-
Volverá a
ser algún día a nosa vida coma antes?
Estas
son moitas das dubidas que temos, ou polo menos eu, sobre o noso futuro e como
vai solucionarse todo isto. Pero agora mais que nunca hai que ser positivos e
pensar que si, que todo vai saír ben.
Álex
No hay comentarios:
Publicar un comentario