Como xa
sabedes, estes días estamos en corentena. Pero ás
veces pregúntome como imos pasar o verán con este lío encima. A verdade é que eu espero
que todo isto se amañe xa que seguramente todo o mundo quere pasalo ben este ano.
Por
outro lado, tamén estraño o meu colexio porque alí teño as miñas amigas e bótoas
moito de menos. Ademais no Nadal agasalláronme
cuns billetes de avión para ir a Londres
polo meu aniversario. Agora xa teño
poucas esperanzas de que me deixen ir.
O que máis medo me dá
deste problema é comezar de novo as clases
en xullo ou en xuño. Para min iso
sería medio inxusto e sobre todo dáme rabia. O
único bo que está a pasar é que os menores de 14 anos e os maiores de 14 xa podemos saír (pero xunto cun adulto,
obviamente) a dar un paseíño cerca de casa, tamén se pode ir a correr. Pero as
dúas idades teñen que ir en diferentes horas para non contaxiarse e esas
cousas. A min esa idea paréceme boa.
Iso si,
teño algunhas esperanzas en que en xuño, se todo segue marchando ben,
pois oxalá no día do meu aniversario poida facer unha pequena festa con poucas
amigas na praia!
Sara Lago
No hay comentarios:
Publicar un comentario