Hoxe vou falar
sobre os irresponsables que saen á rúa porque lles dá a gana e non por
necesidade.
Estamos chegando ao
punto de que hai xente que adoptan cans para logo abandonalos. Tamén hai outros
que saen a facer deporte saltándose o confinamento. Así mesmo outra xente dedícase
a pasear o can por toda a cidade facendo varios quilómetros.
Ata hai algúns e
algunhas que levan a bolsa da compra para dicir que van a comprar, pero só queren
dar un paseo. Tamén houbo varios casos nos que xente que deu positivo fuxiu do
hospital. Outros chegaron incluso a levar un peluche, unha cabra ou unha galiña
a pasear coma se fora un can. Tamén houbo un que dixo que ía visitar á súa neta
e resulta que levaba droga.
E así van
acontecendo estas historias pois algunha é tan rara como a dun home que foi
multado por ir cazando pokemons pola rúa. Algún outro que foi de espabilado
dicía que tiña cita co dentista e levaba un montón de maletas para marcharse de
alí.
Tamén hai quen fai festas
en segredo con máis de 8 persoas ou vídeos como o dun rapaz que subiu ás redes
sociais un del lamendo produtos do
supermercado como quen facendo unha broma.
Chegan a pasar
apuros como o dun home que se tirou ao mar fuxindo da policía por andar en
bicicleta.
Eu creo que estamos
chegando a un punto de insensibilidade tal no que a xente antepón as súas
necesidades propias para o benestar xeral e se seguimos así vamos lamentalo no
futuro.
Ariana
Ariana
No hay comentarios:
Publicar un comentario