As
noticias non deixan de falar do tema, os políticos buscan ideas para frear a
pandemia, pero non hai medidas novas agás as que se aprobaron onte.
Declarouse
o estado de alarma , o único que abre son as farmacias, as tendas de
alimentación e os restaurantes de comida a domicilio.
Esta
corentena penso que se alongará; Europa está moi afectada e aquí parece que ninguén
reacciona. Espero que todo saia ben, eu mentres sigo aquí, na miña casa.
Lévome
un recordo deste ano que vai ser inesquecible para moita xente, despois de
dezasete días continuamos coa corentena; seguramente dentro de cincuenta anos
falarase desta epidemia e poderei dicir que eu a vivín, direi que daquela tiña
once e que era o meu derradeiro curso no colexio.
Estamos
a vivir unha situación incrible, parece saída dun filme, como cando un produtor
de cine estadounidense simulou que comezara a guerra dos mundos para ver que
facía a xente… Só hai unha diferenza, iso era unha fantasía, un xogo; isto é a
vida real; unha enfermidade moi contaxiosa apodérase do mundo e toda a
poboación ten que quedar na casa illada.
Hai
moita xente de risco que non pode combater ben o virus, polo que hai que
extremar as precaucións, ter conciencia e a non ser que sexa imprescindible,
Queda na casa!
Manuel
No hay comentarios:
Publicar un comentario