Hoxe vouvos
falar sobre cal serían as miñas medidas contra o Covid-19 se fora un alto cargo
do goberno.
A finais de
xaneiro detectouse o primeiro caso no país; eu ante esta situación sería moi
duro; cerraría fronteiras e habilitaría unha corentena durante cinco días a
toda España e quince días ás persoas que estiveran en contacto co contaminado.
Poñamos que
isto fracasa; estamos a mediados de febreiro e hai máis de cinco mil casos. Neste
caso pecharía as residencias de anciáns, así os maiores poderán ser enviados a casa dun parente o máis cercano posible que
estea desocupado ou que o parón laboral faga que non poda exercer o seu
traballo. Tamén pecharía o comercio, as fábricas e as empresas. Ás PEMES
daríalles axudas económicas, mentres que ás grandes empresas non, deben de ter
diñeiro suficiente como para pagar os salarios dos traballadores e asimilar as
perdas. Así aforraría moito diñeiro para invertilo noutras medidas se fose
necesario como a investigación científica, material sanitario para as forzas de
seguridade e os hospitais, repartir comida a domicilio aos máis necesitados, facilitar
os medios necesarios para a ensinanza a distancia dos estudantes e poñer a
disposición dos sanitarios que están en contacto cos enfermos unha vivenda para
evitar contaxiar á súa familia.
Ben,
poñámonos na situación actual… Ti que farías? Espero a túa resposta!
Manuel
No hay comentarios:
Publicar un comentario