jueves, 23 de abril de 2009

"Akbar"

Para Martín era un día como outro calquera, ou iso cría el, pois ía recibir a visita dun neno indio chamado Akbar.
Cando chegou a hora de que os nenos se saudasen, un deles dixo:
- ¡Namaste!, poñendo a súa man dereita sobre o corazón.
- Que estás a facer? - Preguntou Martín.
- Esta é a forma de saudar no meu país.

Decidiron ir ver os animais ás cadras. Polo menos, había sesenta vacas e vinte terneiros.
Akbar explicoulle que onde vive, as vacas son sagradas e non se matan.

Na hora de xantar, a nai preparou arroz con “curry” e verduras. Cando sentaron na mesa, os convidados levaban un “bindi” de cor vermello na fronte, dixeron que servía para concentrarse.

Pasaron o resto do día xogando ata que chegou a hora de despedirse. Ámbolos dous prometeron escribirse para contar cousas dos seus pobos.

Óscar

No hay comentarios:

Publicar un comentario