viernes, 24 de abril de 2009

"A carreira misteriosa"

Érase unha vez uns nenos chamados Carlos, Raquel, Lucía e Miguel; eran tan amigos que ían sempre xuntos.
Certo día, decidiron facer unha carreira na casa dun deles, para ver quen manexaba mellor uns coches teledirixidos.

Chegou a data, o 12 de abril, e alí estaban todos, na casa de Lucía; mais cando se decataron, os coches non estaban, buscáronos e atopáronos no medio duns arbustos.

Regresaron e ás tres empezou a carreira ... Os coches manexábanse solos!
- Que pasa aquí? - preguntou Marta.
Todos preguntábanse o mesmo, a recompensa tamén desaparecera. Aquilo era un misterio!
- Imos buscar probas! - dixeron á vez.

Ao final, descubriron que fora a nai de Lucía a culpable de todo o que acontecera.

Uxía

No hay comentarios:

Publicar un comentario