martes, 3 de febrero de 2026

"A árbore máxica"

Un día unha nena chamada Alicia foi xogar nun xardín.

Logo dun rato percatouse de que só había unha árbore e foi vela.

Tiña o tronco moi groso e a copa un pouco alta; cando a tocou, abriu os ollos e ela asustouse.

- Ola, son unha árbore máxica, ti quen es?

Sorprendida, respondeu:

- Eh, eu chámome Alicia. 

- Moito gusto! Queres pedir algún desexo, ata tres?

- Si, un peluche, un libro e un calendario de can.

- Ti es unha nena que non pide diñeiro como outros, por que?

- Porque non me fai falta.

- Desexos cumpridos.

E a árbore e Alicia fixéronse moi bos amigos.

Emma

No hay comentarios:

Publicar un comentario