martes, 7 de mayo de 2024

"O baño"

Todas as noites antes de cear doume unha ducha rápida, pero o sábado báñome durante moito tempo.

Como xa teño once anos e son maior, pódome bañar só.

Primeiro emprego unha esponxa moi suave para enxaboarme o corpo, e despois lávome o pelo cun champú que cheira a froitas.

Ademais, gústame encher a bañeira de auga; aínda que a miña nai di que non debo facer iso porque hai moitos lugares onde non hai auga e persoas que non poden utilizala.

Gozo quedarme un rato relaxado. Estou tan a gusto dentro que se fai tarde. Ao final, a miña nai ten que vir a sacarme.

Hugo

No hay comentarios:

Publicar un comentario