Érase unha vez, unha nena que lle chamaban "nena rápida", así como a outro "neno lento".
O neno lento espertábase lentamente, primeiro abría un ollo logo outro, vestíase e dirixíase lentamente á cociña, dando pasos curtos; despois dun longo xantar, lavaba os dentes: en vez de dous minutos, tardaba dúas horas. Logo poñía os zapatos; sorte que eran de velcro porque, se non, tardaría outras dúas horas atándose os tenis. Posteriormente, ía á parada do bus e sempre chegaba tarde, polo que lle tocaba ir andando ata o cole; todos os días chegaba despois do recreo e perdía tres horas de clase.
En cambio, nena rápida, cando ía ser o seu primeiro día de clase, tiña que chegar de primeira. Levantábase ás seis da mañá, saía da cama correndo. Almorzaba en tempo récord, lavando os dentes, non en dous minutos: en dous segundos! Calzábase e non podía esperar á parada do bus, así que ía correndo ata o cole. Tal vez ía chegar de primeira, pero estaba soa e tiña que esperar tres horas a que soase o timbre; cando soou, foi correndo ata a súa aula e chegou de primeira como sempre, xa non se lle facía nada novo. Despois no recreo, encontrouse co neno lento e empezaron a falar do seu día.
Alí deuse conta de que non podía facer todo correndo; e o neno de que non podía facer todo despacio.
Mar
No hay comentarios:
Publicar un comentario