A igualdade de xénero progresou considerablemente en España nos últimos anos, ocupando o cuarto lugar na clasificación de igualdade de xénero na Unión Europea. É un dereito humano fundamental e imprescindible para lograr sociedades pacíficas e desenroladas.
Cada vez hai máis mulleres levando a cabo tarefas que antigamente facían os homes.
Meu pai é carretilleiro nun almacén dunha empresa dedicada ao sector das bebidas. Alí, cando comezou a traballar ahi vinte anos, eran todo homes; pero actualmente hai varias mulleres. O obxectivo sería conseguir que a metade do persoal sexan homes e a outra metade mulleres. O salario é o mesmo para os dous sexos, aínda que hai outros traballos nos que homes cobran máis desempeñando as mesmas tarefas.
En países menos desenrolados, as mulleres están totalmente discriminadas e non contan para nada; só teñen obrigas e ningún dereito. Os homes son os que mandan, chegando a maltratalas e facéndoas sentir como se non valesen para nada, só para servilos e ter fillos.
Miña nai está estes días quitando o carné de carretilleira e amin faime orgullosa de que sexa capaz de desenrolar o mesmo traballo que meu pai.
Aldara
No hay comentarios:
Publicar un comentario