martes, 26 de septiembre de 2023

"Ratas no Temple"


A semana pasada vin unha noticia que me chamou moito a atención.

Parece ser que aparecen ratas paseando como se nada, nos parques onde nós xogamos habitualmente. Por iso, o Concello de Cambre vai incrementar os traballos de limpeza e controis na zona.

Esta situación é debida aos traballos de dragado na Ría do Burgo, porque parece ser que aí é onde tiñan as crías.

A finais deste ano está previsto a súa finalización destas obras; e ata aquela vanse incrementar os traballos de desratización para evitar que estes animais aparezan entre os humanos.

Os lugares escuros, húmedos e con mal olor son os elixidos para se criar.

As ratas son roedores mamíferos, de tamaño mediano, duns vinte centímetros; as súas patas anteriores máis curtas, con catro dedos, e as posteriores con cinco. O seu promedio de vida é de dous anos.

Espero que isto remate moi pronto e que as medidas sexan eficaces.

Aldara

No hay comentarios:

Publicar un comentario