Hoxe estaba vendo as noticias co meu pai. De súpeto dixeron que os prezos eran altísimos, puxeron exemplos como o leite: os gandeitos véndena a 0,60 euros e nos supermercados xa nin se sabe.
Moitísima xente se está a queixar disto; é moi grave e debe frearse, porque no futuro un litro de leite pode costar tres euros.
Se seguen así, o diñeiro da xente non vai chegar ata fin de mes.
Aos mercados o único que lles importa é o diñeiro, parecen que gozan empobrecéndonos.
Se eu fose maior, faría unha campaña en contra diso. E máis tendo en conta que o acabo de contar afecta a outros produtos.
Como pode ser isto posible?
Nicolás
No hay comentarios:
Publicar un comentario