martes, 19 de septiembre de 2023

"O maiordomo pantasma"



Este é un relato de misterio, intriga e humor, sobre un maiordomo pantasma.

Todo comeza cunhas irmás chamadas Mar e Noe.

A maior, Noelia, era alta e tiña o pelo un chisco escuro, acor dos seus ollos lembraba a unha fonte de chocolate con leite, profundos e misteriosos.

Sempre vestía roupas escuras, mais chamativas.

Era tímida e á vez social.

Encántalle contar chistes malos para despois rirse coa súa irmá.

Mar era todo o contrario: baixiña, co pelo claro - non tanto como Riciños de Ouro, os seus ollos eran de cor caramelo.

Vestíase con roupa de cores moi chamativas.

O que máis lle gustaba era facer trasnadas.

Estas nenas, a pesar das súas diferenzas, queríanse moito.

Un día baixaron ao parque e mar, como era tan curiosa, separouse e empezou a se adentrar nun bosque.

Noe, como sempre, tiña un ollo vixiándoa e sabía que se ía perder; así que foi tras ela.

Cando se atoparon, Mar preguntoulle:

- Trouxeches pan?

- Claro, pero tes fame?

- Non, e para deixar un rastro de miguiñas de pan.

- Pero se non, vámonos a perder comoe en "Hansel e Gretel"; teño un GPS no móbil.

- Deixa as tecnoloxías e faime caso.

Despois dalgún tempo seguindo unhas bolboretas, escoitando unhas pombas e desmiuzando o pan, Mar empezou a sentir medo:

- Noe, por que parece que as árbores teñen vida?

- É a túa imaxinación.

- Escoito ruídos terroríficos.

- Pareces unha nena pequena.

Caeu un raio detrás de Noe.

- Ahhhhh!!

- Quen é a nena pequena agora?

_ Vale, vale, pero agora temos que refuxiarnos.

Ao lonxe víase unha mansión abandonada, decidiron ir alí.

Cando preguntaron se alguén vivía nese lugar, a porta chirriou e abriuse soa. Entraron e as portas pecháronse  tras elas, as xanelas abríanse e pechábanse, a luz prendíase a apagábase... 

Escoitábase:

- Buuuuuu, buuuuuu. Saíde desta casa, está encantada.

- Ja, ja, ja - ríase Noelia.

- Isto é un estudio de gravación? - preguntou Mar.

- Non o creo, penso que alguén quere asustarnos.

De súpeto apareceron cinco pantasmas.

Asustáronse, mais non tanto como un gato negro que pasaba por alí.

Falaron con elas e explicáronlles que asustan ás persoas que destrozan o seu fogar.

- Tedes que ter coidado, porque en este bosque  un maiordomo pantasma captura aos nenos e nenas e zámpaos.

Cando ían marchar, unha pantasma bailarina chamada Mayra díxolles:

- Aquí tedes unha bolsa de sal; se vos atopades ao maiordomo, espolvoreádeo; así debilitarase e deixaravos tempo para correr.

As nenas gardaron a bolsa e fóronse de alí. Noe tiña fame e, como Mar esmiuzou o pan, tiña que buscar comida polo bosque.

Nun intre, cando se inclinou para coller unha moura do chan, escoitou ao maiordomo e, cando se deu a volta, a súa irmá xa non estba.

Mirou para o chan: Un rastro de sal!

Seguiu o rastro moi preocupada, pensando que xa a comera.

Cando chegou, non o podía crer, non lle pasara nada: Estaba xogando co maiordomo ao xadrez!

En realidade, non se levaba ás nenas para comelas, se non para xogar con elas. 

Non tiña amigos e sentíase só.

Mayra

No hay comentarios:

Publicar un comentario