martes, 19 de septiembre de 2023

"Medos"

Oímos falar de medo ou medos continuamente, pero... Que é o medo? Se lle preguntades á miña nai, diríavos algo como: "Estado de alarma primitivo que se desencadea como resposta ante un perigo".

Vamos! Un rollo. Eu defínoo como unha sensación negativa ou mala que sintes no teu corpo porque o teu cerebro pensa negativamente. Non sei por que os maiores se enredan tanto explicando algo cando é tan sinxelo explicalo con palabras do día a día.

Deixando a un lado as definicións, non sei se sabedes que existen diferentes tipos de medos. Ben, eu aprendino despois de preguntalo na casa (non sei como se ocorreu facer tal cousa). A cuestión é que, resumindo, existen tres tipos:

- O medo patolóxico (parece que non atoparon unha palabra máis difícil). Tívenlle que preguntar á xefa da casa tres ou catro veces como se chamaba. Trátase dunha sensación que impide facer unha vida normal; como, por exemplo, a agorofobia. Existen persoas que que teñen un medo excesivo a saír fóra, de tal xeito que poden pasar meses ou incluso anos encerrados na súa casa. Digamos que é un tipo de medo irracional; é dicir, que sen existir un perigo real, a persoa ten pánico.

- O medo racional: aquel producido por cousas que nos poden causar dano. Por exemplo, ter medo a unha serpe ou a un león. Quen non vai fuxir se os ve?

- O medo imaxinario: como o seu nome indica, é aquel que sentimos por imaxinarnos cousas (normalmente "parvadas"). Desste tipo é dos que máis se ven nos nenos e nenas; por exemplo,  medo á escuridade.

A verdade é que podo dicir que de seguro medo patolóxico non teño ningún, mais imaxinarios uns cantos:

- Ao abismo , á morte ou ao espazo (non daber que hai máis alá ou que pasará despois prodúceme pánico).

- Á escruridade (a miña cabeza imaxina que pode estar alguén malo agochado).

- A que se rían de min, polo meu aspecto, ou  a que me critiquen.

Sara

No hay comentarios:

Publicar un comentario