Colexio "Graxal", 11 de maio do 2023
Noticia de última hora: Andrés crea a súa propia radio, que comezou nas excursións escolares.
Para entreternos, inventa noticias, fala dos seus soños e aventuras, combates "pokemons", da súas buxainas, de cancións. Nunca está calado.
Ten moitísimos admiradores, pero tamén algúns "haters" que prefiren ir durmindo no autobús, aínda que son poucos.
Agora que xa sabedes quen é ademais do que fai, imos facerlle unha entrevista.E aquí o temos. Ola, eu chámome Mar e son unha das túas fans.
- Ah! Ola, moitísimas grazas por invitarme.
- De nada, teño cinco preguntas para ti. Cal é a túa canción favorita?
- É "Believed".
- Moi chula. Cantas cartas e buxainas tes?
- Pois cartas 1125 e buxainas 50.
- Son moitas. Como se che ocorren tantas noticias?
- Non o sei, mais díxenche que teño 1125 cartas e 50 buxainas.
- Si, xa o sei, por que repites sempre o mesmo?
- Eu non repito sempre o mesmo, conteiche que teño 50 buxainas e...
- Xa o dixeras! Moitas grazas por vir. Segue así animando as nosas saídas do colexio.
Mar
No hay comentarios:
Publicar un comentario