En Sociais estamos estudando a Constitución, que é un libro de normas que temos que cumprir todos.
Entón ocorréuseme facer a "Constitución do Graxal". Ten tres elementos básicos: dereitos, deberes e liberdades.
Deberes:
1. - O alumnado debe comportarse correctamente.
2. - Debemos tratar ben aos compañeiros e profesores.
3. - Hai que se falar con respecto.
4. - A obriga de, cando se marcha o mestre, permanecer sentados nos nosos sitios.
5. - Temos que andar despacio polos corredores.
Liberdades:
1. - Expresar claramente as nosas ideas.
2. - Opinar.
3. - Elixir as nosas actividades.
4. - Xogar no patio con quen queiramos.
5. - Elixir a nosa lingua.
Dereitos:
1. - A que se nos felicite cando facemos as cousas ben, ou intentámolo.
2. - Falar cos profesores.
3. - Preguntar calquera dúbida.
4. - Participar en calquera tipo de actividade.
5. - Xogar con calquera neno ou nena.
E ti, no teu colexio, tes estas normas?
Mar
No hay comentarios:
Publicar un comentario