Son como persoas moi, moi, moi pequenas, cunhas ás preciosas e cheas de cor; moi similares ás bolboretas, só que as fadas fan maxia que sae dunha varita.
E como atrapo unha?
Tendo en conta que andan revoloteando todo o día, á noite teñen que durmir; por iso podes facer unha caseta cómoda para que unha fada vaia durmir alí. Tal vez non as vexas, mais sempre irán á mesma hora a durmir na casa que montaches.
Onde viven?
As de Galicia soen vivir na Serra do Caurel, xunto moitas criaturas misteriosas como trasnos, meigas...
Eu teño unha fada chamada "Pernas Cochas", e non é normal.
As normais miden 1 cm e ela mide 41 cm; ten orellas picudas e non ten ás. Con ollos azuis, o nariz pequeno e os beizos máis grandes do mundo.
Ela viste cunha chaqueta negra e unha falda verde a cuadros, tamén ten unhas medias vermellas e brancas, xunto cuns zapatos negros de cordóns que non se sabe atar e, por último, un gorro picudo vermello.
Pernas Cochas vai percorrendo fragas e hortas colgada dos teitos das vacas.
Non é perigosa, pero os seus aturullos xa lle quitaron as ganas de durmir a moita xente. Antes de deitarte, ponte tapóns para as orellas porque, se non, esquécete de durmir.
Mar
No hay comentarios:
Publicar un comentario