Antonte, para festexar o aniversario da miña nai, fomos a xantar a un restaurante de Coruña.
Non sei se vós tedes algunhas normas para cando vos sentades á mesa?
Eu si, todos temos que lavar as mans antes de comer, sentarnos rectos na cadeira coas mans enriba da mesa..., e está totalmente prohibido empregar o móbil, é que xa non está permitido telo á vista. Meus pais din que é moi importante aproveitar as horas das comidas para conversar e contarnos cousas; de feito, nin tele temos na cociña, e mira que me cansei de pedila, mais os xefes da xasa "erre" que "erre" que non.
Ben, vou ir ao grano porque me estou enrollando un pouco.
Estaba no restaurante coa miña familia e tiñamos dúas mesas ocupadas ao noso carón. Á dereita unha parella xoven e á esquerda unha de persoas maiores. Todo ía correcto ata que me decatei de que as únicas voces que se oían eran as nosas. Mirei á dereita e o mozo estaba co teléfono mirando vídeos, ela tiña cara de aburrida e miraba fitando ao frente, coma se estivese perdida. Non se dicían nin "mu". Só escoiteille decir a ela: "queres máis?", el nin contestou. Finalmente a moza enfadouse, pediu a conta e marcharon.
Os da miña esquerda eran persoas de arredor de cincuenta anos. Chegaron, pediron e, mentres viña a comida, a señora o primeiro que fixo foi coller o móbil e non o soltou nin comendo. O señor ao principio faláballe pero, pasado un tempo, colleuno tamén. Eu penso que o fixo porque non tiña con quen conversar.
Desde logo, dous claros exemplos de que estamos cada vez máis conectados virtualmente crendo estar unidos; pero en realidade estamos cada vez máis apartados e, non só iso, senón que xa esta ocorrendo coas persoas de maior idade, e non só cos xóvenes e adolescentes. Estamos encadeados aos aparellos teconolóxicos e non nos damos conta.
Agora entendo por que tanta insistencia en non usar tanto eses aparellos e en falar durante as comidas.
Sara
No hay comentarios:
Publicar un comentario