jueves, 27 de octubre de 2022

"Un bo día!"

No verán de 2021, como os meus avós teñen un  barco no pantalan de Sada, eu fun con  eles e cos meus pais a pescar. 

Cando chegamos ao pantalán, entramos no barco e comezamos a ir ao mar para poder facelo.

Sentía unha lixeira brisa na cara.

Despois de navegar media hora, comezamos a nosa tarefa coas canas, eu teño unha propia; puxémoslles os anzois e, tras un ratiño, deume un tirón na cana! Intentei tirar mais non puiden, así que o meu pai me axudou; tiramos e levantámola: Dous peixes á vez!

Estaba moi contento!

Adrián

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario