miércoles, 28 de septiembre de 2022

"Piratas diferentes"

Érase unha vez un mariñeiro que estaba embarcado na chamada fragata "Álvaro de Bazán". Ía con toda a tripulación camiño a Somalia. Tiñan como misión coidar o mar de piratas somalíes que se ocupaban de abordar os barcos mercantes, secuestrando a tripulación para despois esixir un rescate económico alto.

O protagonista pensaba que se atoparía con aqueles piratas que todos nos imaxinamos: parche no ollo, garfio na man, pata de pau e un papagaio no ombreiro.

Para a súa sorpresa, cando tivo a ocasión de ver un deles, non era para nada o esperado. Tratábase de homes normais que estaban moi armados. Iso si, as súas embarcacións non eran barcos xigantescos, senón que se trataba de lanchas moi rápidas que lles permitía escapar facilmente.

E pensaredes... É verdade esta historia? Pois si! É realidade. 

Sabedes quen é o protagonista? Meu pai.

A miúdo cóntame historias que viviu nas súas navegacións, e neste caso ensinoume que os piratas aínda existen, pero non da forma que cremos.

Encantaríame facer esas viaxes!

Sara

No hay comentarios:

Publicar un comentario