sábado, 17 de septiembre de 2022

"Cousas da vida"

Moitas veces pregúntome como dúas persoas que proceden do mesmo lugar poden ser tan distintas.

Si! Iso ocúrrenos á miña irmán e a min.

Mentres eu son responsable, calada  e obedezo á primeira, ela é todo o contrario. Recórdame a un papagaio que non cala nin tapándolle o pico; ademais pregunta continuamente  o por que das cousas, e ata que non lle respondas de forma razoada non para.

Tamén nos comportamos de forma diferente cando nos botan a bronca. Eu normalmente escoito e síntome triste, ela vai ao seu cuarto e ponse a cantar unha canción que incluso nos fai rir a todos.

A verdade é que me encanta a súa forma de ser, case sempre está sorrindo e sorprendentemente desde este luns non para de repetir a mesma frase: "Cada día teño máis éxito en todos os meus sentidos". De onde sacará esas cousas?

Desde logo parece unha nena moi feliz que só ve a parte positiva das cousas. Iso si, pon o mundo dos meus pais ao REVÉS e o meu... TAMÉN.

Sara 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario