Si! Medir. Pero non de lonxitude, senón que di se está suspenso ou aprobado. E non só isto, ademais indica a túa nota.
De poñerse azul, a túa nota estará por riba do nove; se verde, atópase entre o sete e o nove; se amarelo, entre o cinco e o sete; e se vermello... A-L-E-R-T-A! Estarás suspenso! Terás que quedar no despacho da directora.
É fabuloso! Porque antes de arriscarche a entregalo, podes ir corrixindo ata chegar ao dez.
Iso si! Tes que cumprir dúas regras:
- Tes que coidalo ben e limpalo; do contrario, tolea e fai o seu traballo ao revés.
- Non pode ser visto polos mestres, e moito menos pola directora.
Tede moito coidado de que volo pillen!
Apurade! Eu xa fun mercar o meu.
Sara
No hay comentarios:
Publicar un comentario