Nacín o 18 de abril de 2012 ás cinco da tarde nun hospital de Ferrol.
De pequeno nunca gateei e, se me caía, como non quería apoiar as mans, dábame un cabezazo.
Sempre estaba con dous chupetes na boca e en cada man; de me enfadar pola noite, tirábaos e, como non sentía o seu tacto, empezaba a chorar. Como espertaba aos meus pais, para arranxalo, compráronme uns fosforitos para que os puidese atopar no berce.
Non houbo nin un só día que non estivese cunha pelota; ía ata a cociña, a habitación...
Aos tres ou catro anos caínme dende un metro de altura. O golpe foi na cabeza e tivo que afectar a algo: non paraba de darme golpes, quedeime cego durante algúns minutos, perdín a memoria durante varios segundos. Logo dunha hora cheguei ao hospital; alí atáronme cun robot que di se estás ben ou non; era un pouco incómodo, pero ao final acostumeime.
Gozo cos deportes: xa xoguei contra o Deportivo... Teño a sorte de que vou ir no Entroido a un torneo de catro días en Oviedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario