Ela soñaba con ter poderes, aínda que xa sabía que iso era imposible.
Un día como todos, subiu ao desván da súa casa e atopou un baúl cheo de roupa fermosa. No medio de todas esas prendas, viu un xersei que lle chamou moito a atención, era como sea estivese chamando.
Sen dúbida, colleuno e púxoo... Sentiu unhas cóxegas nos pés e empezou a voar. De súpeto sentiu uns súper poderes: voar, visión e velocidade.
Empezou a realizar actividades: correr dende un país a outro, observar a través das paredes e voar tan alto como os paxaros. Ata que quedou convencida ao cen por cen do seu control.
Despois xa tiña ben claro o que ía facer: o ben na Terra e salvar vidas!
Tania
No hay comentarios:
Publicar un comentario