jueves, 20 de enero de 2022

"Os días de inverno"


Non me gusta nada. Dáme a sensación de que pasan as horas moi rápido e non teño tempo  a facer nada.

Sobre as sete da tarde xa é de noite e parece como se xa tivese que ir durmir e, en realidade, aínda quedan horas.

Polas mañás para ir ao cole fai moito frío. É como se o meu corpo se convertise en xeo do conxelado que está.

Non me apetece nada levantarme e miña nai tenme que chamar e quitarme as mantas quentiñas para que espabile.

Xa non vos conto cando teño que quitar o pixama e poñer a roupa, sobre todo cando é un vaqueiro.

Sara

No hay comentarios:

Publicar un comentario