Érase unha vez unha nena que tiña medo das máquinas; non quería achegarse a ningún electrodoméstico.
Nunca limpaba a súa casa co aspirador!
Tampouco collía a comida do refrixerador.
Nin sequera montaba no coche!
Cando empezou o colexio, todos os nenos apuntábanse a actividades. Ela tamén quería facelo, pero non quedaba sitio nas que lle gustaban; só unha praza nunha que se chamaba "Mans hábiles", así que se apuntou.
Chegou a primeira vez, había un mestre, que lle deu un manual para aprender a facer máquinas.
Dende entón, deixou o seu medo e realiza unhas máquinas e uns artiluxios moi chulos.
Mar
No hay comentarios:
Publicar un comentario