lunes, 31 de mayo de 2021
viernes, 28 de mayo de 2021
"Un curso moi divertido"
En terceiro tiven moitas cousas boas, agora vou falar da metade.
A min gústanme todos os días, pero o mellor foi un no que fixemos moitísimo de matemáticas, asignatura que me encanta. Estou aprendendo a dividir mellor, a realizar exercicios complicados...
Outras das cousas boas foi cando veu Andrea, creo que dende ese momento aprendín a debuxar serpes, porque ela é unha artista.
O recreo encántame, aínda que polo covid non sexa o patio como todos os anos; pásoo moi ben porque xogo cos meus amigos ao pilla pilla, stop...
Estou bastante feliz xa que non hai problemas cos nenos e nenas das distintas clases, porque non nos podemos xuntar para evitar contaxios.
De non ser polo covid, este curso é casi insuperable.
Iago
"Mouchopatocebra"
Este animal ten cabeza de moucho, pico e patas de pato e corpo de cebra.
Vive nos bosques verdes con seres mitolóxicos.
É bo, amable, divertido e xoguetón.
Aliméntase de bichos e lambetadas.
Gústalle facer carreiras, ir ao cine, comer macarróns, ir aos aniversarios e viaxar.
Sara
"Un año distinto"
Este año es distinto: en el patio todas las clases tienen su rectángulo para jugar, pero no son muy grandes, así que casi no se puede hacer nada en él; las mesas de clase son individuales; hay que llevar las mascarillas y desinfectarse las manos todo el tiempo; no se puede competir...
Me encanta que Andrea se vaya a quedar en el colegio hasta el final. ¡Bien!
En este curso pienso que hay de todo: lo bueno y lo malo, lo positivo y lo negativo, lo sorprendente y lo aburrido. De todas formas, todo junto forma algo mágico: ¡La diversión!
Mayra
miércoles, 26 de mayo de 2021
"O aniversario da avoa"
Este sábado cumpre anos a miña avoa,
e imos celebrar unha festa boa.
En Ribeira ímola facer,
e unha merendola imos comer.
Calamares ao avó gústalle papar,
e con patacas vouno acompañar.
Compraremos unha tarta
para que poida soprar,
e sesenta e sete anos
imos festexar.
Ignacio
"Martes"
É só un día da semana, o segundo; o seu significado é Marte.
En realidade é unha persoa como nós.
O seu mellor amigo é o domingo, porque os dous teñen que madrugar.
O que máis lle gusta é ir ao colexio e ao parque.
As súas materias favoritas son sociais, naturais e matemáticas.
É un dos meus preferidos!
Noa
martes, 25 de mayo de 2021
"O portal imaxinario"
Había un portal imaxinario no que só os nenos/as podían pasar a través do devandito mundo de criaturas.
Dúas rapazas adentráronse e cando o cruzaron, encontraron un fermosísimo mundo.
Unha criatura acerrcouse e díxolles:
- Non teñades medo, somos pacíficos e moi amables, serei o voso guía.
Un pouco sorprendidas, susurrando, responderon:
- De acordo.
- Veña, pois empecemos co bosque de bolboretas e os raposos. Veña, ensínovos o camiño.
Máis ou menos, tardaron un cuarto de hora en chegar; quedaron coa boca aberta. Había millóns de bolboretas de todas as cores e formas. O guía ríase ao ver a cara que poñían.
Logo foron á sabana, había tigres e leóns; e, por último, ao lago de picnic.
O guía comentoulles que xa era hora de que volvesen ao seu mundo.
As nenas déronlle as grazas e unha aperta moi forte.
- A ver cando podemos descubrir sitios tan interesantes e bonitos.
Cando atravesaron o portal, déronse conta que "só o estaban imaxinando".
A nai gritou dende a casa: Hora de cear! Foron correndo, xa tiñan fame.
Dende ese día quedaban todas as tardes para facer voar a súa imaxinación.
Tania
"Gacantolato"
O seu hábitat natural son as explanadas de xunglas.
É pacífico, simpático, amigable e xoguetón.
Gústalle nadar, saltar, correr, bailar, os froitos das árbores, dar sustos e xogar, obviamente...
Antón
"Os gusanos de seda"
O meu irmán trouxo dezaseis gusanos de seda. Son das clases dos mestres de Infantil.
Juan é o encargado de alimentalos; todos os días lévalles follas de moreira que collemos polo camiño ao colexio.
Un deles xa fixo o capullo este fin de semana. Tardarán dúas máis en eclosionar (sei este dato porque o vexo nos documentos de animais no "Canal 2").
A miña clase non ten, e mín gustaríame!
Ignacio
miércoles, 19 de mayo de 2021
"¡La fantasía!"
En un reino muy lejano, había un rey avaricioso que quería acabar con la fantasía.
Toda la gente del pueblo estaba en contra, porque para ellos era muy importante que la hubiera.
Un día todos se juntaron y decidieron hacer algo: darle un escarmiento al soberano para que pudiese apreciar la belleza de lo fantástico.
- Sí, sí - gritaron todos a la vez.
- ¡Pues venga, a qué esperamos!
Durante una semana estuvieron preparando todo: maquetas gigantes, decoraciones por toda la calle y muchísimos libros.
Cuando tenían todo listo, fueron al castillo, le enseñaron al rey lo que habían realizado y lo convencieron.
¡Por fin, fantasía para siempre!
Tania
"Mis sueños"
Soñé con ser pintora
y también autora.
Todos mis dibujos vendía.
Todos mis libros leían.
Soñé con una estrella fugaz
que me ayudaba a no llorar,
porque quiero ser fuerte
y rápida como la corriente.
Soñé con triunfar,
y poder ganar.
Enseñar a dibujar
y a pintar.
Sara