Había un portal imaxinario no que só os nenos/as podían pasar a través do devandito mundo de criaturas.
Dúas rapazas adentráronse e cando o cruzaron, encontraron un fermosísimo mundo.
Unha criatura acerrcouse e díxolles:
- Non teñades medo, somos pacíficos e moi amables, serei o voso guía.
Un pouco sorprendidas, susurrando, responderon:
- De acordo.
- Veña, pois empecemos co bosque de bolboretas e os raposos. Veña, ensínovos o camiño.
Máis ou menos, tardaron un cuarto de hora en chegar; quedaron coa boca aberta. Había millóns de bolboretas de todas as cores e formas. O guía ríase ao ver a cara que poñían.
Logo foron á sabana, había tigres e leóns; e, por último, ao lago de picnic.
O guía comentoulles que xa era hora de que volvesen ao seu mundo.
As nenas déronlle as grazas e unha aperta moi forte.
- A ver cando podemos descubrir sitios tan interesantes e bonitos.
Cando atravesaron o portal, déronse conta que "só o estaban imaxinando".
A nai gritou dende a casa: Hora de cear! Foron correndo, xa tiñan fame.
Dende ese día quedaban todas as tardes para facer voar a súa imaxinación.
Tania
No hay comentarios:
Publicar un comentario