Había unha vez unha neniña
que lle encantaban as ondas, pero non as da beira nin as xigantes, a ela
gustábanlle as máis grandes do mundo e quería converterse en heroína do surf.
Á súa nai non lle
gustaba o do surf porque dicía que ela collía moito frío e que iso era de
homes. Pero a ela dáballe igual xa que
era a súa paixón, e que se fosen afacendo de que ía estar unha moza.
Empezou a viaxar por
todo o mundo e investigando as ondas máis grandes. Unha vez en Sudáfrica, surfeou en ondas de catorce metros de altura;
a mais alta que superou unha muller. Gañou tantas competicións que se converteu
na máis famosa do mundo.
Con todo, un día
estaba surfeando e pilloulle unha onda e
mergullouna, rompeu varios ósos, e estivo a piques de afogarse antes de que un
amigo a rescatase.
Despois de todo iso, a
xente tiña medo de estar nesa praia,
pero ela cando se curou, volveu tentalo de
novo.
Sara Habibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario