sábado, 9 de mayo de 2020

"Homeschooling"


Levamos xa case dous meses de corentena facendo os nosos deberes e traballo diario na casa. E isto, eu penso, que por moito que nos empeñemos en facelo ben, non é o mesmo que traballar no cole. Alí estás cos teus amigos e profesores, os cales son os que che deben de explicar as dúbidas e non Google ou os teus pais. Tamén nós temos un hábito e ritmo de traballo na clase, que obviamente na casa non vai ser igual, porque mentres que na clase facemos coma cincuenta exercicios diarios de mate, aquí facemos só dúas páxinas. E o máis raro de todo é que no cole eses cincuenta exercicios facémolos en hora e media e esas dúas páxinas  na casa lévanos o mesmo tempo ou máis. Eu creo que é porque se tes algunha dúbida tes que acender o ordenador, buscala, entendela; que non é o mesmo entender as dúbidas explicadas por outras persoas que non sexan o teu mestre. E máis tarde realizala, polo que perdes dez minutos, que na clase serían tres.
Tamén como a cada profesor lle temos que mandar os deberes de forma distinta,  ás veces tardamos máis en escribirlles un e-mail, facer fotos ou vídeos que facendo as propias tarefas. Para min todo isto é un “rollo”, o mellor sería ter clases online cos nosos profesores e compañeiros, sería todo máis produtivo e ameno. Xa sei que isto é novo para todos e que nos pillou por sorpresa, pero deberían plantexarse nun futuro facelo doutra maneira agora que hai unha tecnoloxía avanzada, a cal nos facilitaría moito as cousas. En vista que este virus, que nos mantén nas nosas casa, aínda segue aí, non sabemos como será a volta ás aulas.

Álex

No hay comentarios:

Publicar un comentario