Este fin de semana
aproveitando a “desescalada”, a miña familia e máis eu decidimos ir de viaxe ás
Fragas do Eume. Coma iamos coa autocaravana tivemos que aparcar nunha área
privada, a cal estaba no medio do monte e era moi bonita. O problema era que obviamente había moi pouca cobertura, polo que pola
noite che aburrías un pouco... Pero ao fin e ao cabo non a necesitabamos para
gran cousa, xa que se estás no monte e para respirar o aire fresco e xogar fóra,
non para estar encerrado na autocaravana co móbil ou tablet.
Chegamos o venres pola
noite, polo que só nos deu tempo a ver un pouco e meternos
dentro, facía moito frío. Á maña seguinte decidimos ir facer unha das tres
rutas que había marcadas na area, todas polo monte. Nós fixemos a máis longa de
todas, a de 5 Km. Esta foi unha marabilla de ruta, xa que non era moi dura e
tamén porque era a única na que se podía ver dende un miradoiro o mosteiro de
Caaveiro. A verdade é que despois de estar tanto tempo na casa e de repente
estar no monte sentinme máis libre. Cando chegamos xa era a hora de xantar,
polo que coma había uns merendeiros ao aire libre, xantamos alí.
O domingo facía moi bo, polo que fixemos un churrasco e chourizos nas grellas
que alí había e despois aproveitamos o máximo para xogar antes de irnos.
A min encantoume a
experiencia de ir polo monte, e coma non as Fragas do Eume, polo que cando
acabe todo isto recoméndovos que vaiades de excursión.
Álex
No hay comentarios:
Publicar un comentario