jueves, 14 de mayo de 2020

"A miña vida"


Era o primeiro día de verán
cando eu nacín na Coruña.
Era unha nena tan pequena
que non puiden marchar para casa en varios días.
Cando cheguei á miña casa coñecín á miña irmá,
ela coidábame moito e xogaba comigo.
Os  meus pais sempre din
que os primeiros anos foron un pouco difíciles.
Eu non quería comer nada
e tampouco foi fácil aprender a camiñar.
Despois empecei  a ir á escola  
que xa estou a piques de rematar.
Eses anos alí foron moi divertidos e inesquecibles,
aprendín cousas e fixen amigos e amigas.
En poucos días cumpro un ano da miña operación de oído,
estoume recuperando ben e ímolo celebrar.
En setembro  vai comezar
unha nova etapa desta biografía.
Entrarei a un novo centro,
estou algo nerviosa pero seguro vai ir moi ben!

Sara Lago

No hay comentarios:

Publicar un comentario