viernes, 24 de abril de 2020

"A verdade sobre a carreira do soro en 1925"


Seguro que moitos de vós coñeceredes a historia da carreira do soro de 1925, en Alaska, na que un grupo de cans de “trineo” lograron trasladar ao soro para a cura da difteria. Pois esta historia non é de todo certa, xa que o can líder que tirou do carro coas menciñas en realidade non foi Balto, como vos pensades. O que o fixo en realidade foi Togo, outro “Huscky” moi forte e valente. Coñécese que foi Balto porque foi quen tirou do carro no último tramo da carreira, pero en realidade quen fixo todo o traballo duro foi Togo e o seu dono Leonhard Seppala, que recorreron case 500 quilómetros cando os demais só recorreron 50.

   Ao principio desta historia críase que Togo non sería capaz de chegar a ser un can de “trineo”, xa que era moi pequeno respecto aos demais e tamén porque se vía dunha tonalidade de pel que non é típica nesas razas de cans; polo que o puxeron ao final da fila. Pero a base de adestramento, esforzo e insistencia; logrou ser o primeiro da fila e o mellor de todos. Seguramente vos preguntaredes que como sei tanto desta historia, e non é porque a mirara en Wikipedia, é porque Walt Disney Pictures o ano pasado fixo unha película sobre a verdadeira historia da carreira do soro.

  Está baseada nunha historia real, que ensina moitos valores e  cunha fotografía espectacular das paisaxes de Alaska; o seu título é “TOGO”. Recoméndovos que a vexades e espero que vos guste tanto como me gustou a min.

Álex 

No hay comentarios:

Publicar un comentario