martes, 10 de marzo de 2020

"Os estranxeiros"

Sempre que estamos de viaxe acontécenos algo moi curioso; dá iual o sitio, o lugar, a cidade na que nos atopemos, que se dirixen a nós como se fósemos lugareños.
Preguntas do tipo: Onde está a parada de metro máis cercana, cómo facer para chegar a unha rúa determinada, como empregar os bonos do transporte público... Infinidade de cuestións que por un motivo ou outro sabemos contestalas como se levásemos na cidade varios meses e, con todo, levamos apenas uns días.
O máis gracioso foi hai uns meses, cando nos achegamos ao Concello de Abegondo para comer e pasar o día; meu pai e máis eu temos por costume mirar os mapas que hai nas marquesinas para facernos un pouco a idea de como é o lugar; nese intre saíu unha muller da súa casa que estaba próxima a nós, saudounos e comezou a facer xestos para entendela; cando viu que lle contestamos en galego quedou cos ollos moi abertos e dixo:
- E pensei que erades estranxeiros!
Aguantamos a risa e seguimos a conversa con ela, unha persoa moi amable.

Manuel

No hay comentarios:

Publicar un comentario