martes, 10 de marzo de 2020

"O coronavirus"

Se polo coronavirus non funcionasen os operadores nin as consolas térmicas, teríamos que buscar unha maneira de divertirnos sen contaxiarnos.
O primeiro día non me importaría moito e comezaría con xogos de mesa; se o virus aínda non estivese tan expandido podería quedar cos meus amigos, pero sería un risco.
Cando a enfermidade estea no seu punto cume, aburrido de divertirme coas mesmas cousas, tampouco poderíamos baixar á rúa.
O único que se me ocurre é comezar a debuxar ou facer redaccións na miña libreta, reflexionar sobre a actualidade, redactar como sera o futuro despois do brote: canto diminuirá  a poboación, que solución tomarán as Cortes, o noso pobo comezará a ser un pobo pantasma, a xente fuxirá... Fágome tantas preguntas. Creo que con todo o tempo do mundo poderedes atopar as respostas.
Non creo que a enfermidade sexa tan letal, tampouco que cheguemos a estar cono na China, mais todo é posible.

Manuel

Que faría se a situación afectase aos aparellos electrónicos?
Na miña opinión moita xente está o 90% do día con diferentes aparellos electrónicos como o teléfono, a tablet, o ordenador...
Se afectase a estes sería unha total revolución, porque paralizaría os sistemas chegando a impedir que houbese transportes, medios de comunicación nin redes sociais ddao que non habería internet.
Sería un caos para nós porque dependemos deles para todo; pero hai que ter en conta que se volvemos ao pasado o mundo vivía perfectamente. 
A maioría depende para traballar, principalmente os que se dedican á informatica nas empresas.
Eu estaría perfectamente porque me gusta moito xogar cos amigos, debuxar, ler, estar coa miña irmá...; aínda que o que máis me custaría sería non ver a televisión. Disfrutaría da aldea e, sobre todo, dos animais.
Ariana

No hay comentarios:

Publicar un comentario