Bos días:
Tendo en conta a situación que estamos a sufrir, en primeiro lugar pedirvos unha certa tranquilidade.
Atendendo ao curso, das miñas materias: en relación coas linguas, xa saben o que deben facer, independentemente do que dure este período; coas Matemáticas están na mesma situación.
O traballo escrito corrixireino eu persoalmente; os exercicios e problemas matemáticos na aula.
Este tempo non supón practicamente nada, sempre que realicen o que se lles pediu; agás que a situación empeore - esperemos que non.
Contei ata a volta da semana santa. Se hai algún cambio, poñereime en contacto con vós por este blog para a concreción de determinados aspectos.
Se queredes comunicarvos comigo, podedes escribir nesta entrada (como comentario) o que consideredes oportuno; procurarei contestar o antes posible.
Un saúdo,
Genaro Veira
Din que o peor está por chegar
ResponderEliminar