Non estou moi de acordo coa separación que fan algúns centros segundo o rendemento do alumnado; inclúen nunha mesma aula todos os rapaces coas mellores notas, e noutra os de peores. Penso que sería mellor mesturalos para que uns poidan axudar aos outros; así non se encasillaría a ninguén e tamén evitaríanse presións innecesarias.
Outra cuestión coa que non estou moi a favor é que se dean moitas materias en lingua inglesa, xa que deste modo descoidamos a nosa propia fala; para solventar isto, bastaría con aumentar as horas de inglés, podendo dar o resto de asignaturas no noso idioma.
Que acontecería se acabas no grupo de rendemento máis baixo? Parece que se fomenta ou que dan por feito que non serves para os estudos e que probablemente fracasarás.
SE POR MIN FORA, NON EXISTIRÍA SEMELLANTE ESTRATEXIA.
Manuel
No hay comentarios:
Publicar un comentario