viernes, 10 de enero de 2020

"Un grave erro"

Erase unha vez no ano 2135 na cidade de Madrid un home chamado Carlos.
Era científico e todos os días dirixíase ao seu laboratorio onde traballaba nun proxecto secreto.

Pasados uns meses díxolle aos seus superores que xa o terminara; pero antes de que o anunciasen quixo facer unha proba.
Os xefes seguían sen saber o que era ata que chegou o día: Quedáronse pasmados ao ver unha máquina do tempo!

Antes da proba metérono todo; mais houbo en erro nas medidas do combustible e, como non o sabían, iniciaron a viaxe cunha cámara que transmitía en vivo o que pasaba.

Segundo estaba planificado, Carlos apareceu na época dos dinosaurios; como ía estar uns días, construíu un pequeno refuxio.
Colleu a cámara e comezou a súa investigación. Todo era sorprendente!

Cando tiña que voltar, decatouse do problema: non tiña combustible suficiente e non podía regresar. Fixo cálculos pero non había maneira.
Púxose en contacto cos seus axudantes e dixéronlle que tiña que conseguir: auga, resina e madeira. Obtido todo, faltaba un material descoñecido porque só o sabía el.
Lembrouse que tiña sido carbón... Como o conseguiría? Buscou por todas as minas pero non sabía como sacalo.

Dentro da máquina do tempo, comezou a ollar, abriu un armario, encontrou a reserva de combustible suficiente e regresou á Terra.

Ricardo
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario