Aínda me acordo daquel día como se fora hoxe. Era un día de calor no mes de agosto, eu estaba correndo por unha costa e de súpeto caín.
Por medo a que meus pais me botasen a bronca, dixen que me rabuñara un gato.
Meu pai, ao escoitar a traxedia, explicoume que se fose un gato abandonado podía ter unha enfermidade.
Eu, ao oír aquilo, de inmediato contei a verdade, menudo medo que pillei!
Ao ver que mentín facendo teatro, botáronme dobre bronca...
Por iso aprendín que hai que ser valente e non ter medo á sinceridade:
"TODO ACÁBASE DESCUBRINDO E SABENDO"
Ariana
No hay comentarios:
Publicar un comentario