jueves, 4 de abril de 2019

"Os meus poemas"

Estou na miña aula
con cara de parva,
non sei os problemas.
Vaia dilema!
Atenta, atentiña,
somos xente pequeniña, 
somos nenos, somos nenas
resolvendo os problemas.



Paseando polo río
vin un lindo paxariño,
paseando polo río,
estaba algo asustado.
Era lindo, pico longo,
un fermoso paporroibo,
co peito cheo de cores
e voando sobre as flores.



Un día soleado
fun cara ao prado,
atopei a un cabalo
sen xinete e sen lazo.

Lola

No hay comentarios:

Publicar un comentario