martes, 24 de octubre de 2017

"Unha boneca moi rara"

Unha nena chamada Lili tiña unha boneca que era máxica, ela non o sabía.
Sempre polas noites ía ver as estrelas soa. Gustáballe moito visitar campos, para correr e saltar.

Certo día levantouse pola noite para beber un vaso de auga; ía camiñando polo pasillo ata que, de súpeto, pisou algo: A boneca!
Preguntouse que facía o xoguete alí, colleuno e levouno para a habitación.
Á mañá seguinte, pensando niso, cría que era un soño.

Esa noite tamén pasou o mesmo, encontrouna saltando pola fiestra. Non entendía como podía facelo? 

Contoullo aos seus pais e eles pensaron que a nena tiña moita imaxinación, pero aquela noite descubriron que era verdade: a maxia daquel obxecto que paseaba soa, pero sempre volvía porque quería moito á súa dona.

Laura

No hay comentarios:

Publicar un comentario