Erase unha vez un home con sete brazos, pés grandes e bastante delgado; e unha raíña co pelo morado, unha coroa de pedras de ouro, diamantes con esmeraldas, cun fermoso cabalo.
Un día, ela saíu do seu castelo e foi cabalgando a unha cascada a pasar o tempo. Tiña moi boas vistas desde alí.
Apareceu unha rana e falaron, díxolle que había un home con sete brazos e aconselloulle que tivese coidado, pero ela nin caso fixo nin prestou atención.
Cando chegou a tarde, merendando, escoitou un ruído de lonxe, pero non reaccionou e seguiu tranquila.
Pola noite oíu algo novamente e foi a buscar o lugar de onde viña. Pasaron por mares, pontes, montañas e un pobo. Alí estaba o home raro, co que falou e fixéronse amigos, sen lle importar o defecto que tiña.
Mario
No hay comentarios:
Publicar un comentario