martes, 24 de marzo de 2015

"A revolución das letras e números"

O luns, cando cheguei á escola, tocábanos facer matemáticas co noso titor. El escribiu una raíz cadrada e mandou saír a Juan; cando quixo escribir o número, os números movéronse porque querían facer unha broma e ademais aburríanse.


Na segunda hora tocoulle a Olga averiguar o perímetro dun cadrado; ao facelo, este escapouse e saíu correndo tras el.
Despois foi Álvaro a escribir un ditado e rodear os artigos, verbos... Pero non querían que os tocasen.
O mestre foi avisar á directora para comentarlle o que pasaba: Todo que se escribía escapaba!
No recreo, vimos aos fuxitivos: letras e números, xogando ao balón e ao escondedoiro. Todos quedamos coa boca aberta vendo a festa que estaban a facer.


Ninguén o podía crer!

Probamos a dar plástica: os debuxos escapaban; na pantalla dixital o mesmo. Que se podía facer?
Chamada a policía, non foron capaces de poñer orde; e máis cando trouxeron pepinillos en vez de pistolas: Estaban comendo!
Ao final, falando con todos os números, letras e debuxos, pediron divertirse de cando en vez. E así volveu todo á normalidade.

David  

No hay comentarios:

Publicar un comentario