Aurelia era unha nena alegre e cariñosa. Encantáballe o ballet, pasaba horas e horas ensaiando no faiado da casa dos seus avós, porque quería entrar no campeonato galego.
O seu avó soía visitala mentras ela bailaba. Un día empezou a darlle masaxes e a facerlle uns tocamentos que incomodaban á rapaza. Decidiu non ir máis a aquel lugar.
O problema era que non quería contarlle a ninguén o que lle pasaba porque sentía medo e vergoña.
A súa nai decatouse do cambio da súa filla e logrou que confesara. Case lle dou un infarto ao escoitar o relato; chea de dor, contoullo ao seu home e decidiron que nunca xamais visitarían ao seu familiar, por chamalo dalgunha maneira.
Olga
No hay comentarios:
Publicar un comentario