sábado, 16 de enero de 2010

"Quen é ?"


Érase unha vez un neno chamado Martín que ía paseando por un camiño contemplando unha fermosa paisaxe.
Ao mesmo tempo sospeitaba que alguén o espiaba dende moi preto; pero non estaba seguro e seguiu camiñando.

Máis tarde, volveulle pasar o mesmo e, como non aguantaba seguir nese lugar, regresou a casa.
De volta á vivenda, seguía sospeitando; entón, púxose a pensar como despistar a esa persoa. Non se lle ocurreu nada, polo que decidiu averiguar quen era. Mirou ao seu redor a ver se o atopaba, pero non deu resultado.

Intentouno todo, pero nada, e seguiu o camiño ata chegar a casa.Alí, na súa habitación, puxo a mente en marcha. Quen podía ser? Cando xa a case o tiña, entrou pola porta a súa nai María, que parecía ocultar algo.

- Claro, era a miña nai!- exclamou.

O rapaz preguntoulle se fora ela e contestoulle que si, porque estaba preocupada por el, dado que levaba moito tempo fóra. María pediulle desculpas e todo quedou arranxado.


Uxía

No hay comentarios:

Publicar un comentario