martes, 10 de noviembre de 2009

"O furón"

Cada vez domestícanse máis animais salvaxes para transformalos en animais de compañía. Non todos son felices nas nosas casas.

Desde hai algúns anos, os furóns convertéronse en animais domésticos.
Antigamente adestrábanse para cazar, sobre todo coellos. Os mariñeiros tamén os embarcaban nos seus navíos para matar ratas.

É un carnívoro cunha alimentación parecida á dos gatos.
Ten o tamaño dun coello pequeno. Pesa aproximadamente 1 kg e pode vivir ata 10 anos.
Gústalle moito saír fuxindo e máis esconderse; por iso, aínda que se lle pode deixar solto polo xardín, é preferible pasealo atado. Moi activo, só deixa de moverse cando durme.
Ole mal, chegando a ser moi desagradable. Hai que cepillalo e lavalo cun xampú suave cada semana.
Lucía

No hay comentarios:

Publicar un comentario