O Samaín pode ser moi divertido, pero tamén terrorífico. Esta é a miña historia.
Na aldea de Anxo era tradición celebralo. Aquel ano as súas primas celebrábano con el pois lles facía moita ilusión.
Á cerradiña da noite disfrazáronse de: bruxas, demos e morcegos. Así chegaron á praza en procesión, onde se permitía a entrada aos espíritos do outro mundo, aos que esperaban con nabos cunha vea acesa dentro; e un prato de comida a cada porta para que ningún morto faltase.
Déronse a volta para buscar ponche, e de súpeto:
Ai, deus!!! Alí viñan os zombis, estaban chegando os mortos...
Botáronse a correr como tolos e agocháronse: unha no palleiro, e as outras na cabeceira e na artesa; e alí atopáronas pola mañá durmidiñas de tanto esperar.
Quen eran aqueles aqueles mortos?
A súa familia, que lles gastara unha bromiña.
A súa familia, que lles gastara unha bromiña.
Clara
Ja ja,que gracia.¡Unos muertos vivientes!
ResponderEliminarCHAO.