jueves, 14 de mayo de 2009

"A Santa Compaña"

É unha das innumerables lendas existentes en Galicia, terra de fadas (mouras), trasgos, mortos, espíritos, bruxas e peregrinos.

A Santa Compaña é unha pequena comitiva nocturna de dúas filas de espíritos (segundo algúns, almas de mortos) portando cada un unha luz. Na cabeza vai o portador dunha cruz e un caldeiro, recipiente máxico celta, contedor da enerxía feminina (sentimentos, intuición...). En moitas versións, este portador é un ser humano vivo, condenado a vagar polas noites con eles hasta atopar no seu camiño a outro humano, ao que entregará a cruz e o caldeiro. Ata entón irá aumentando día a día a súa palidez e o seu adelgazamento, sen lembrar a súa actividade nocturna.

Cóntase que, ademais, ten un guía, que é un anxo triste, ao que substitúe outro ao amencer para expulsar ás sombras escuras.

E por que aparece? Entre outros motivos:
- Para anunciar a morte de alguén coñecido.
- Para reclamar almas.
- Para reprochar ou lembrar algún problema pendente ...

No caso de atoparnos con ela nun bosque ou monte, recoméndase:
- Non mirarlles á cara.
- Tombarse boca abaixo no chan, trazar un círculo e meterse dentro.
- Levar algún talismán ou obxecto sagrado.
De non facerse así, verémonos na obriga inapelable de unirnos a tan desagradable compaña.

Moitos escritores escriben sobre ela, aínda que non cren na súa existencia.

Lucía

No hay comentarios:

Publicar un comentario