En Crendes, está a casa dos meus tíos. Nela ten dous cans, un pequeno estanque cunha tartaruga, un galo asturiano e tres clases de galiñas: tres quicas, cinco galiñas comúns e unha da mesma variedade ca o galo.
Unha curiosidade delas é que, cando teñen a crista erguida, é cando van poñer ovos, e segundo a cor das orellas, son brancos ou mouros.
Unha curiosidade delas é que, cando teñen a crista erguida, é cando van poñer ovos, e segundo a cor das orellas, son brancos ou mouros.
Despois de comer fomos camiñar. Chegamos ata as beiras do encoro de Cecebre. Na torre de observación, puiden ver aves, vexetación e grupos de cabalos que pastan no prado con total liberdade.
Moitos dos camiños desapareceron por mor das continuas choivas deste último inverno.
Regresamos a casa, cansos pero moi contentos.
Óscar
No hay comentarios:
Publicar un comentario